Cambela
MEGS04862
Fotografias: Eloy Couceiro
Descripción
Ferramenta agrícola de tracción animal aparecida a un arao.
De traza mui robusta, compónse de dúas pezas bastas de madera, cuasemente sin desbastar, amecidas con abrazadeiras de ferro. A primeira, á que van xoncidos os animales de tiro, é úa vara recta de sección circular mui irregular.
A segunda, a cama, describe un ángulo mui pechao e nel estremo encáxase a rella, consistente núa lámina gorda de ferro forxao e curvao, asegurada con cravos de cabeza cuadrangular. Sobre a cama, afixada con platinas de ferro cravadas al soporte, presenta úa rabela de madera con úa agarradeira pequena, elemento qu’axuda a axustar a posición da rella na terra y a guiar a cambela.
Usábase p’abrir rozas nel monte, faendo regos paralelos equidistantes nel tarrén, que constituían el paso previo al traballo coa axada pa trasformalo en terra de labranza. Despóis de cavao e pasao el tempo necesario pa qu’enxugara a parte vexetal, queimábase a terra removida, obtendo úa superficie fértil que s’usaba pa labrar os cereales.
Información adicional
- Inventario
- MEGS04862
- Obxeto / Documento
- Cambela
- Materia / Soporte
- Madera de salgueiro. Ferro
- Dimensióis
- Largura: 340 cm. Altura: 99 cm. Gordura máxima: 15 cm
Dirección
Museo Etnográfico de Grandas de Salime “Pepe el Ferreiro”
Av. Ferreiro, 17, 33730 Grandas de Salime, Asturias
Contacto
Teléfono: 985 627 243
Email: museodegrandas@turismoycultura.asturias.es
Horario de visitas